A orquestra
Este vÃdeo interpretado pola orquestra Klangforum Wien pódeche axudar a que teñas unha idea máis precisa sobre as funcións dos distintos instrumentos dunha orquestra.[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/xEmMZ2Yf1fM" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Máis Comenius
Aquà están os vÃdeos das pezas que interpretastes no concerto que se celebrou en maio no marco do Proxecto Comenius. Van por esta orde: «Mázate, meu leite», «Agora que me vendiches» e «E o ferreiro vai fóra».
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/fKWlDqzD0uo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/SRiMr-6y5sQ" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/-fnBKIvNuwA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Grazie mille, Luciano
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/KxyrphGgLH4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Enrico Caruso, Tito Schippa, Mario del Monaco, Carlo Bergonzi, Giuseppe di Stefano, Franco Corelli… son parte unha excepcional saga de tenores italianos que encheron os teatro de ópera durante o século XX. Coa morte de Luciano Pavarotti vaise quizais o último membro desta lista. Tenor lÃrico, son mÃticas as súas interpretacións do repertorio italiano do XIX: Bellini, Donizetti, Verdi, Puccini…
A xeito de homenaxe, vai esta aria de Donizetti, «Una furtiva lagrima» que pertence á ópera L’elixir d’amore, na que Nemorino canta o seu amor por Adina.
Comenius
Podes consultar parte do material que traballamos no Proxecto Comenius Traditional Songs: the Common and the Different in the European Identities na páxina web. Aquà tes de monstra o vÃdeo da canción alemá Der Leinenweber [Os tecedores de liño].
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/_fqHx-GM8kU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Maios 2007
Podes descargar a selección das coplas dos maios que lles dedicastes este ano ao profesorado, á comarca e á actualidade en xeral. Tes máis información na bitácora A Biblioteca do Colmeiro.
Traballos da segunda avaliación
Xa podedes escoller o traballo para a segunda avaliación, tanto de primeiro, coma de segundo de Bacharelato.
Música, hixiene e punterÃa

O compositor Jean-Baptiste Lully estaba un dÃa ensaiando coa súa orquestra. Como era habitual na época, marcaba o tempo batendo contra o chan unha pesado pao de ferro. O golpe produciu unha ferida que non se tratou debidamente. Ademais, o hábito de non cambiar os calcetÃns con regularidade tampouco contribuiu á curación. O certo é que esa ferida derivou nunha gangrena que provocou o falecemento do compositor en ParÃs, en 1687.
A orquestra romántica
No século XIX, a orquestra aumentou considerabelmente o número de instrumentos, incorporáronse varios novos de metal (trombón, tuba…) de madeira (contrafagot, corno inglés…) e aumentou a sección de percusión. Na época, habÃa xente que preferÃa as dimensións da orquestra clásica, proba disto é esta caricatura na que se pretende ridiculizar o compositor francés Hector Berlioz (1803-1869) porque, supostamente, empregaba unha orquestración esaxerada. O certo é que, hoxe en dÃa, Berlioz está considerado coma un dos grandes compositores románticos.

