Arquivo para a 'Curiosidades' Categoría
A orquestra
Este vÃdeo interpretado pola orquestra Klangforum Wien pódeche axudar a que teñas unha idea máis precisa sobre as funcións dos distintos instrumentos dunha orquestra.
chuzame -
Sen comentarios
Música, hixiene e punterÃa

O compositor Jean-Baptiste Lully estaba un dÃa ensaiando coa súa orquestra. Como era habitual na época, marcaba o tempo batendo contra o chan unha pesado pao de ferro. O golpe produciu unha ferida que non se tratou debidamente. Ademais, o hábito de non cambiar os calcetÃns con regularidade tampouco contribuiu á curación. O certo é que esa ferida derivou nunha gangrena que provocou o falecemento do compositor en ParÃs, en 1687.
chuzame -
Sen comentarios
A orquestra romántica
No século XIX, a orquestra aumentou considerabelmente o número de instrumentos, incorporáronse varios novos de metal (trombón, tuba...) de madeira (contrafagot, corno inglés...) e aumentou a sección de percusión. Na época, habÃa xente que preferÃa as dimensións da orquestra clásica, proba disto é esta caricatura na que se pretende ridiculizar o compositor francés Hector Berlioz (1803-1869) porque, supostamente, empregaba unha orquestración esaxerada. O certo é que, hoxe en dÃa, Berlioz está considerado coma un dos grandes compositores románticos.
chuzame -
Sen comentarios