xograr

Bitácora do Departamento de Música do IES Pintor Colmeiro (Silleda)

Arquivo para a 'Vídeos' Categoría

Máis Comenius

Aquí están os vídeos das pezas que interpretastes no concerto que se celebrou en maio no marco do Proxecto Comenius. Van por esta orde: "Mázate, meu leite", "Agora que me vendiches" e "E o ferreiro vai fóra".

Chuzame! chuzame - Sen comentarios

Grazie mille, Luciano

Enrico Caruso, Tito Schippa, Mario del Monaco, Carlo Bergonzi, Giuseppe di Stefano, Franco Corelli... son parte unha excepcional saga de tenores italianos que encheron os teatro de ópera durante o século XX. Coa morte de Luciano Pavarotti vaise quizais o último membro desta lista. Tenor lírico, son míticas as súas interpretacións do repertorio italiano do XIX: Bellini, Donizetti, Verdi, Puccini...

A xeito de homenaxe, vai esta aria de Donizetti, "Una furtiva lagrima" que pertence á ópera L'elixir d'amore, na que Nemorino canta o seu amor por Adina.

Chuzame! chuzame - Sen comentarios

Comenius

Podes consultar parte do material que traballamos no Proxecto Comenius Traditional Songs: the Common and the Different in the European Identities na páxina web. Aquí tes de monstra o vídeo da canción alemá Der Leinenweber [Os tecedores de liño].

Chuzame! chuzame - Sen comentarios