Programacións musicais
Aquí atoparás enlaces e información tanto sobre programacións musicais estábeis coma sobre festivais.
PROGRAMACIÓN ESTÁBEL
En Galicia contamos con dúas orquestras de primeiro nivel, a Orquestra Sinfónica de Galicia, con sede na Coruña, e a compostelá Real Filharmonía de Galicia. Os seus directores titulares son Víctor Pablo Pérez e Antoni Ros Marbá, respectivamente.
- Orquestra Sinfónica de Galicia. Actúa no Pazo da Ópera da Coruña. Os concertos son case todos os venres de outubro a abril.
-
Real Filharmonía de Galicia. O Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela é a súa sala de concertos os xoves de outubro a xuño.
- Festival Mozart. Celébrase na Coruña de maio a xuño. A ópera é a raíña de este evento, no que tamén atoparemos recitais, música de cámara e concertos. As súas sedes son o Pazo da Ópera e o Teatro Rosalía de Castro.
- Festival de Música Cidade de Lugo. De abril a xuño, os principais concertos celébranse no Círculo das Artes.
- Festival de Ópera da Coruña. En setembro e en outubro. Organizado polos Amigos da Ópera da Coruña.
- Festival Are More. Festival de outono no que predomina a música vogal e a música de cámara. Os principais concertos celébranse no Teatro Fraga de Vigo.
- Lírica de Outono. Tamén en Vigo e case simultáneo co Are More, xira arredor da ópera.
- Ciclo de Lied. En outono, en Santiago de Compostela. Está centrado na canción alemá e o Teatro Principal acolle os recitais.
- Festival de Música Via Stellae. Mes de xullo, nos lugares polos que pasa o Camiño de Santiago.
chuzame -
Ningn comentario ata agora. Sexa o primeiro.
Deixe unha resposta