xograr

Bitácora do Departamento de Música do IES Pintor Colmeiro (Silleda)

Segundo de Bacharelato

Segunda avaliación

Deberás seleccionar unha canción e traballar nos seguintes aspectos:

- Texto

- Estrutura

- Autor

- Intérprete 

Data límite de entrega: luns, 12 de marzo.

Imaxe: http://www.lykestodance.com

Primeira avaliación
A programación musical. Agrupacións musicais.

Data límite de entrega: 11 de decembro.

Proposta 1 (3 persoas)

Compara a programación de concertos ofertada en Galicia:

Orquestra Sinfónica de Galicia, Festival Mozart (A Coruña); Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) Festival Are-More (Vigo), Auditorio de Ourense (Ourense), Pazo da Cultura (Pontevedra).

Proposta 2 (3 persoas)

Compara a programación operística dos seguintes teatros (autores, obras, intérpretes):

Metropolitan (Nova York), Covent Garden (Londres), La Scala (Milán), Wiener Staatsoper (Viena), Teatro Real (Madrid), Gran Teatre del Liceu (Barcelona).

Proposta 3 (2 persoas)

Compara as páxinas web das que dispoñen as bandas de música galegas. Podes atopar infomación na páxina do Instituto Galego das Artes Escénicas e da Música (Igaem), ou na Guía de Teatro, Música e Danza publicada pola Consellaría de Cultura.

Proposta 4 (2 persoas)

Compara as páxinas web das que dispoñen os coros galegos. Podes atopar infomación na páxina do Instituto Galego das Artes Escénicas e da Música (Igaem), ou na Guía de Teatro, Música e Danza publicada pola Consellaría de Cultura.

Imaxe: http://www.nearingzero.net/

Chuzame! chuzame -

Commentarios pechados.